XXV Marcha Galega de Montañeiros Veteranos

8 de Setembro do 2013

rio
Organizan
Clube de Montaña Ribeira Sacra F.G.M. Xunta Deporte Galego

PROGRAMA:

  • 10:30 H. Recepción dos partipantes no control de saída de O Colado – Monforte de Lemos
  • 10:45 H. Saída da XXV MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS
  • 15:30 H. Xantar de confraternidade.
  • 17:30 H. Entrega de Agasallos e Clausura da Actividade.
ruta

PERCORRIDO:

A ruta é lineal de uns 15 km. e transcorre polo tramo central do Roteiro de Augasmestas a Doade, saíndo de o pobo do concello de Monforte O Colado, baixamos a visitar as ruínas do Muíño do López no regueiro de Montefurado, subimos ata o pobo de Vilar de Mouros e comenzamos a forte baixada contemplando O Meandro do río Sil e os pobos do outro lado do Sil de Torbeo e A Cubela, (ruta que xa fixemos no ano 2009), pasando polos pobos abandoados e en ruinas de Froxende e Barxa rodeados de castiñeiros, rematando un desnivel de 430m. logo de disfrutar da chaira e de ter tan perto o Sil comenzamos a subida un pouco máis suave de un desnivel de 350m. xa e todo chairo e perto do final temos que desviarnos para visitar o miradoiro da Capela cunhas vista impresionantes do río Sil para rematar en Vilachá de Salvadur do Concello de A Proba do Brollón, pasando antes por Abelaira onde están as Adegas máis antigas da península Ibérica.

Grafica da rota

Grafica

Regulamento da marcha

  1. A actividade terá lugar o día 8 de Setembro do 2013 nos Concello de Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón
  2. Poderán participar só montañeiros federados, veteranos e acompañantes, que presenten cumprimentada a folla de inscrición obrigatoria vixente e dispoñible na web da F.G.M.
  3. As inscricións efectuaranse na F.G.M., ou chamando o Clube de Montaña Ribeira Sacra antes do día 5 de Setembro.
  4. Os participantes serán respectuosos co entorno e medio natural, non deixando lixo nin residuos..
  5. A organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente.
  6. Os participantes deberán levar o material e prendas axeitadas para a actividade.
  7. Os participantes asumen a aceptación completa deste regulamento, calquera cuestión ou dúbida será resolta pola organización e a súa decisión será de obrigado cumprimento.
  8. Nesta actividade só Terán dereito a agasallos os montañeiros de máis de 40 anos.

NOTAS SOBRE A MARCHA

O xantar será na Casa Lelo de Abeleda (xa estivemos na marcha do ano 2002)

XANTAR 13 € en Casa Lelo

Menú:

  • Empanada.
  • Polbo.
  • Carne o caldeiro.
  • Bica – café.
  • Viño da casa.

Para participar avisade antes do Xoves 5 a Federación ou o noso Clube no tfno.: 616 516 238. O número de socios e tamén os que van a xantar.

IMPORTANTE NON HAI AVITUALLAMENTO E NO PERCORRIDO NON HAI AUGA.

COMO CHEGAR:

Hai que coller a estrada de Monforte a Castro Caldelas e despois da recta de Marcelle mesmo o pasar unhas sinales rugosas sonoras nese cruce “A” co indicador Vilar de Mouros Para Vilachá “B” o entrar en Monforte e pasar a gasolineira no 1º semáforo a dereita esta señalizada.

Como Chegar

Que disfrutedes de esta rota, cunha paisaxe moi diferente e chea de contrastes. Espero contar con vos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *