8 de Setembro do 2013
Organizan | ||
PROGRAMA:
- 10:30 H. Recepción dos partipantes no control de saída de O Colado – Monforte de Lemos
- 10:45 H. Saída da XXV MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS
- 15:30 H. Xantar de confraternidade.
- 17:30 H. Entrega de Agasallos e Clausura da Actividade.
PERCORRIDO:
A ruta é lineal de uns 15 km. e transcorre polo tramo central do Roteiro de Augasmestas a Doade, saíndo de o pobo do concello de Monforte O Colado, baixamos a visitar as ruínas do Muíño do López no regueiro de Montefurado, subimos ata o pobo de Vilar de Mouros e comenzamos a forte baixada contemplando O Meandro do río Sil e os pobos do outro lado do Sil de Torbeo e A Cubela, (ruta que xa fixemos no ano 2009), pasando polos pobos abandoados e en ruinas de Froxende e Barxa rodeados de castiñeiros, rematando un desnivel de 430m. logo de disfrutar da chaira e de ter tan perto o Sil comenzamos a subida un pouco máis suave de un desnivel de 350m. xa e todo chairo e perto do final temos que desviarnos para visitar o miradoiro da Capela cunhas vista impresionantes do río Sil para rematar en Vilachá de Salvadur do Concello de A Proba do Brollón, pasando antes por Abelaira onde están as Adegas máis antigas da península Ibérica.
Grafica da rota
Regulamento da marcha
- A actividade terá lugar o día 8 de Setembro do 2013 nos Concello de Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón
- Poderán participar só montañeiros federados, veteranos e acompañantes, que presenten cumprimentada a folla de inscrición obrigatoria vixente e dispoñible na web da F.G.M.
- As inscricións efectuaranse na F.G.M., ou chamando o Clube de Montaña Ribeira Sacra antes do día 5 de Setembro.
- Os participantes serán respectuosos co entorno e medio natural, non deixando lixo nin residuos..
- A organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente.
- Os participantes deberán levar o material e prendas axeitadas para a actividade.
- Os participantes asumen a aceptación completa deste regulamento, calquera cuestión ou dúbida será resolta pola organización e a súa decisión será de obrigado cumprimento.
- Nesta actividade só Terán dereito a agasallos os montañeiros de máis de 40 anos.
NOTAS SOBRE A MARCHA
O xantar será na Casa Lelo de Abeleda (xa estivemos na marcha do ano 2002)
XANTAR 13 € en Casa Lelo
Menú:
- Empanada.
- Polbo.
- Carne o caldeiro.
- Bica – café.
- Viño da casa.
Para participar avisade antes do Xoves 5 a Federación ou o noso Clube no tfno.: 616 516 238. O número de socios e tamén os que van a xantar.
IMPORTANTE NON HAI AVITUALLAMENTO E NO PERCORRIDO NON HAI AUGA.
COMO CHEGAR:
Hai que coller a estrada de Monforte a Castro Caldelas e despois da recta de Marcelle mesmo o pasar unhas sinales rugosas sonoras nese cruce “A” co indicador Vilar de Mouros Para Vilachá “B” o entrar en Monforte e pasar a gasolineira no 1º semáforo a dereita esta señalizada.
Que disfrutedes de esta rota, cunha paisaxe moi diferente e chea de contrastes. Espero contar con vos.