Castiñeiros e Carriozas

Agasalla os teus sentidos percorrendo o sendeiro
de castiñeiros e carriozas

Unha paixase que admirar,
riqueza natural que conservar
e historias para lembrar,
será o que atopes camiñando
polo “Sendeiro de Castiñeiros e Carriozas”

Achégate aos segredos que gardan
os soutos centenarios, sinte a vida e a historia
agochada en cada recuncho
e, sobre todo, ¡non esquenzas volver!

Castiñeiros e carriozas

castiñeiro

O castiñeiro é a árbore da nosa vida
Soutos como este, axudaron a construir a vida galega.
Os castiñeiros foron a sombra do verán,
a madeira das casas e mobles e, sobre todo,
fonte de alimento ao longo do ano.
O castiñeiro é un sinal da identidade galega.

A vida latexa en cada recuncho do souto,
nel atopan acubillo moitos animais representativos
do bosque atlántico (rulas, abubelas e xabaríns).
Todos son parte da súa riqueza natural.

Cada ano os catiñeiros fan un agasallo
para toas as criaturas do seu contorno: a castaña.

¿Que pode ocorrer se se abandonan os soutos?
Arredor das castañas creceu a tradición,
suntanzas de veciños para comelas asadas no magosto,
cocidas e mesturadas con leite fresco, ou viño;
secas para consumir ao lango de todo o ano.
Sempre presentes na mesa galega.

¡A conservación dos soutos garda a tradición,
protexe os recursos e xera riqueza!

souto

Os pasos de xeracións enteiras fixeron as carriozas
Casas, terras cultivadas, castiñeiros centenarios,
unidos polas carriozas, forman a paisaxe humanizada
que conta a súa historia as xeracións de hoxe.

carrioza

Por estes sendeiros circulaban xente
hacia os seus soutos e leiras.
As estreitas carriozas separaban as propiedades
e facilitaban o paso do gando para non causar dano
nas fincas veciñas.

Un paseo pola historia e a arquitectura popular:
O sequeiro é o lugar donde se pon a secar a castaña,
logo da colleita, para ser conservada todo o ano.

A casa tradicional galega dános o seu calor, está viva!
Os elementos da casa mesturanse nunha entidade viva.
A calor que ven da corte e as adegas na planta baixa,
mesturase na primeira planta coa lareira,
e o seu fogar permantente, donde xira a vida familiar.

A casa galega é a herdanza dun pobo
plenamente integrado co seu entorno natural.
A natureza puxo os seus elementos -pedra e madeira-
e a xente puxo a súa sabedoría para se adaptar ao medio.

Puntos destacados do sendeiro

  1. Panel de inicio de sendeiro.
    “Protexer e conservar no presente é mirar cara ao futuro”.
  2. Panel Os soutos.
    “O castiñeiro é a árbore da nosa vida”.
  3. Panel O Pouso.
    “O pouso, un momento de descanso e encontro”.
  4. Panel As carriozas.
    “Un camiño feito paso a paso por xeneracions enteiras”.
  5. Panel O sequeiro.
    “O sequeiro creó un vinculo especial entre os sotos e os veciños”.
  6. Panel A casa tradicional galega.
    “A casa dános o seu calor, está viva”.

Ver Rota das Carriozas en un mapa más grande

Datos

Distancia: 2,5 Km.
Duración aproximada: 1 hora ou hora e media.
Difucultade: baixa.
Epoca recomendada: todo o ano.
Itinerario peonil. Apto para todas as idades.
O sendeiro pode percorrerse tamén a cabalo ou bicicleta.

Como chegar a Parada de Sil

Como chegar

Datos de interese

Concello de Parada de Sil
Praza do Campo da Feira, número 1
32740 Parada de Sil (Ourense)

Teléfono: 988 208 010 Fax:988 208 010
concello@paradadesil.com
turismo@paradadesil.com

¡Protexer e conservar no presente
é mirar cara ao futuro!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *