Descripción
Esta rota transcorre por camiños e sendeiros, por paisaxes pretas dos pobos do entorno da capitalidade do concello de Parada de Sil, destacando os soutos , as carballeiras, as viñas, os lameiros, os terreos de cultivo e hortas, os outeiros de uces e xestas, diversidade de árbores como os bidueiros, moroteiras (albedros), carballos.
A paisaxe formada por bosques de castiñeiros, carballos, uces, xestas, viñas prados, terreos de cultivo. A gran diversidade de árbores como os bidueiros, albedros carballos forman unha variedade de tonalidades que harmonizan co trazado do Sil.
E sobre todo os miradoiros sobre o Canón do Sil que son impresionantes O forno-sequeiro de Fondodevila, os muíños de Entreambosrios e Rabacallos e a destacar a arquitectura popular dos diferentes núcleos Rabacallos, Fondodevila, Sardela, Castro.
E o máis importante o Mosteiro de Santa Cristina unha xoia do románico do século XIII. da Ribeira Sacra
LONXETUDE DA ROTA:
Circular 17,1km.
Dos bucles de 8.480m. e de 10.000m.( unión 650m.)
PERCORRIDO
Saída da “Praza do Barquilleiro” de “Parada de Sil” hacia o Este e saíndo pola rúa da dereita que nos leva ata a estrada (1) que non pisamos, seguindo á esquerda collemos un camiño a “Sardela”, cruzamos a praza do pobo, (2) para saír polo fondo á esquerda, seguimos por un camiño sempre de fronte ata chegar a estrada, a 40m á dereita, (3).
Saímonos pola esquerda collendo o camiño da dereita a “Entrambosrios”, entre soutos de castiñeiros e carballeiras, cruzamos o regato de “Os Fíos”, cruzamos o pobo, antes de pasar o regato do “Batan” temos na dereita 2 muíños, a uns 200m.(4).
Saímonos pola esquerda deixado o camiño que vai Chandrexa (GR-56) baixamos uns 100m cruzamos outra ponte sobre o Batan ( onde se xunta o Dos Fiós) o sendeiro vai pegado o regato pola marxe esquerda que nos leva a pista de Rabacallos, un pouco antes tomamos (5) un sendeiro á esquerda ( á dereita desvío a Rabacallos moi interesante a súa arquitectura popular e unhas boas vistas do Canón do Sil e aquí onde escomenza o canón propiamente).
O sendeiro sube por uns soutos ata chegar as viñas da Sapeira por unha carrioza (sendeiro estreito entre dúas parades) ata a pista deixando á dereita as adegas de S. Victoiro continuamos uns 100m. (6) e collemos un sendeiro á dereita polas viñas da Mancoña e preto a unha adega (7) á esquerda atopamos a pista do Farfaleiro rodeada de castiñeiros ata que collemos pola esquerda (8) o antigo sendeiro do Rego do Coto, que para salvar o desnivel vai en cis zas, rodeado de castiñeiros, carballizas, frutais bravos, albedros e apreciaremos as pousas que se usaban para pousar os cestos das uvas,(9)
Chegamos a pista que vai Os Torgas, pasamos perto do pico Rego do Coto, moi boas vistas, entre outeiros de uces e carballizas ata os soutos de castiñeiros,(10) onde deixamos a pista pola esquerda por unha carrioza moi estreita ata o camiño de Fondodevila (fonte, forno – sequeiro), aquí temos 2 opcións á esquerda cruzando o pobo e por un camiño a Parada é o enlace do bucle (11) .
Ver PR-G98 en un mapa más grande
A dereita un camiño entre soutos e pasando por Cudicán lugar dunha casa, chegamos á dereita Os Torgas, cruzamos o parking saíndo pola dereita, (12) e seguindo ha pista que bordea o campo de fútbol, onde podemos ver o Pozo do Lobo (trampa para cazalo), 2 miradoiros do canón o Curral do Penso e Os Balcóns dos Mouros (de Madrid), desnivel de 400m. do río,(13) logo xiramos á dereita pola pista ata un desvío (14) á esquerda que non collemos (vai a Portela), agora a pista transcorre entre carballos ata un claro,(15) a 200m.
O miradoiro O Fental, se aprecia o desnivel dos outros miradoiros. Seguimos ata o regato Dos Gavias, (16) uns metros antes temos o miradoiro As Fontiñas, a fervenza O Pozo da Ovella, cruzámolo e monte a través, pasamos por xunto a unhas grandes rochas chamadas Pena da Moura neste traxecto ata a zona chan vamos disfrutando da vista de todo o canón; atravésamos hacia o Sur ata a pista ( que foi a que deixamos antes) (17) aquí xa é camiño empedrado a Portela (18).
Cruzamos o regato de Portela, (sen entrar en Portela), mesmo a saída collemos á dereita e pegados a canalización e restos dun muíño, escomenza un sendeiro de baixada en cis zas moi bonito, rodeado de moroteiras ( albedros), de castiñeiros, (19) a 700m. o miradoiro de A Galiña cunha fermosa vista do Canón e do campanario do mosteiro de Santa Cristina, pasamos por uns sequeiros -cabanas de pedra onde se secan as castañas- (castañas pilongas), (20)
Atravesamos o regato de Castro empezamos a subida pasando xunto uns sequeiros e chegamos (21) o cruce do sendeiro que nos leva á dereita (350m) o Mosteiro de Santa Cristina, unha Xoia do Románico da Ribeira Sacra.
A esquerda a subida a Castro,(22) cruzamos a estrada (na zona do Alto da Cruz) e uns metros máis adiante subimos uns escanos para seguir polo sendeiro de Castro, antes disfrutamos dunha carrioza entre soutos. (23).
En Castro a 400m o miradoiro A Pena da Cividade, impresionante vista da curva mais representativas do Canón e os regatos de O Furado e Das Trabancas. Atravesamos a ponte do regato de Castro (24) os 100m.
Saímonos pola dereita por o camiño de Caxide, e na zona As Carballeiras das Corredoiras, con grandes carballos,(25) aquí e collemos pola esquerda o camiño a Chamoso, atravesamos o regato de Chamoso (de Portela), seguimos o camiño desviamonos (26) a Chamoso (en ruinas) cruzámolo, e logo de cruzar a estrada a Castro collemos un camiño que nos leva o comunal de O Candedo onde collemos (27) un camiño de carro que nos leva a través de lameiros, tapadas, soutos de castiñeiros e logo lameiros ata O Pontón.
Xa entramos en Parada, que nos leva a praza do Barquilleriro, 19,1Km.
Si se fai en 2 bucles a unión son 650m. Saíndo de fronte da Praza do Barquilleiro, (28) 1º cruce á esquerda para baixo, na estrada á dereita e na última casa saíndo (29) uns metros de fronte por un camiño a Fondodevila, na fonte enlazamos co camiño de Cudicán.
Datos útiles
Xa esta a a vosa disposición os ficheiros cos tracks gps que podeis baixar, estes puntos son exactamente os mesmo que estan reflectidos nos mapas e explicados no texto. Tamén podeis baixar o triptico da rota.