Carreira homologada pola FEDME (Proba Aberta-Open) 33,2 KM / 2220 desnivel positivo, II Proba COPA GALEGA 33,2 KM / 2220 desnivel positivo, V MEDIA CARREIRA CANON DO SIL (Proba Aberta-Open) 17 KM / 950 desnivel positivo
VIII CARREIRA CANON DO SIL
Carreira homologada pola FEDME
(Proba Aberta-Open)
II Proba COPA GALEGA
33,2 KM / 2220 desnivel positivo
V MEDIA CARREIRA CANON DO SIL
(Proba Aberta-Open)
17 KM / 950 desnivel positivo
Parada de Sil – Ourense
4 de Maio do 2014
Puntuable en www.cigatrail.hol.es


Organiza:
Colaboradores
Aloxamentos:
Precios especiales para os participantes
![]() 988 208 013 |
![]() |
|
![]() 988 208 009 |
![]() |
![]() 654 806 829 |
Máis información de aloxamentos en 988 204 630 e en www.turisacra.org e hospedaxe na zona.
Restaurantes
![]() 988 208 237 |
Como chegar
Desde a A-52
Saida 193 en XINZO de LIMIA a Dereita OU-1102 a VILAR DE BARRIO a Dereita OU-1103 a MACEDA sair no centro pola Dereita e na primeira saida a Dereita OU-0106 dirección XUNQUEIRA no cruce da OU-536 a Dereita ( indica Ponferrada) ata VILLARIÑO FRIO aquí a Esquerda PARADA de SIL
Desde a N-120
Sair en MONFORTE de LEMOS dirección CASTRO CALDELAS LU-903 despois de cruzar o río e pasar “ABELEDA” e “O IVEDO” no cruce hai dúas opcións 1.- a Dereita A TEIXEIRA OU-0607 e seguir os indicadores. Esta é unha estrada con moitas curvas pero cunhas vista espectaculares ( merece a pena si hai tempo ). 2.- seguir e no CASTRO CALDELAS a Dereita dirección Ourense i en VILARIÑO FRIO a Dereita a PARADA de SIL
Desde OURENSE
a estrada OU-536 dirección TRIVES i en VILARIÑO FRIO a Esquerda a PARADA de SIL
Premios da VIII Carreira:
Categoria |
|
ABSOLUTA MASCULINA | ABSOLUTA FEMININA |
|
|
Subcategorias |
|
VETERANOS MASCULINOS | VETERANAS FEMININAS |
|
|
Bater o record da Proba |
|
MASCULINO (02:54:12) | FEMININA (03:34:11) |
|
|
Premio especial :
Para o primeir@ home e muller en cruzar a meta volante de Cabeza da Meda e que acabe a proba.
Premios da V MEDIA CARREIRA:
Trofeos para a categoría Masculino e Feminina: Absoluta.
Sub categorías Masculino e Feminina: Veterana.
Horarios:
- Sábado 3 de Maio
- 18.30 h. Entrega de dorsais na casa do concello
- 19.30 h. Reunión informativa (recomendada a corredores) na casa do Concello
- Domingo 4 de Maio
- 08.00 – 08.45 h. Entrega de Dorsais na Praza do Curtiñeiro.
- 09.00 h. Saída da Carreira e da Media Carreira dende a Praza do Curtiñeiro.
- 14.00 h. Entrega de premios no Concello.
- 14.30 h. Peche do control de Meta (hora límite para a finalización da proba).
- 14.30 h. Xantar-picoteo.
Regulamento:
Categorías Masculino e Feminina: Absoluta.
Sub categorías Masculino e Feminina: Veterana.
- Sub categoría veterana: a partir dos 40 anos na feminina e 45 anos na masculina cumpridos o ano de referencia.
A idade a ter en consideración para toda a tempada sera a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da competición
A Carreira rexerase polo regulamento de Carreras por Montaña da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada ( Consultar en WWW.fgmontanimo.com – Consultar en WWW.fedme.es) E AS SEGUINTES NORMAS:
- O Corredor indentificarase na recollida do dorsal
- Na VIII Carreira non poden participar menores de 21 anos
- Na V Media Carreira non poden participar menores de 18 anos
- Será motivo de descalificación:
- Non pasar por tódolos controles.
- Recibir axuda externa foras dos lugares autorizados( ata uns 100m nos avituallamentos )
- Ensuciar e degradar o itinerario ( é obrigación de cada corredor levar os seus desperdicios e deixalos nos lugares sinalizados pola organización).
- O dorsal levarase visible durante toda proba, no peito.
- Non prestar auxilio a calquera participante que sufra algún accidente e informar o control máis preto.
- Non se pode obstacularizar voluntariamente a outro corredor.
- Os participantes obedecerán as instruccións dos membros dos controis.
- É obrigatorio avisar o control ou a un membro da organización do abandono e entregar o dorsal.
- O mal tempo non é obstáculo para a celebración da proba . A organización reservase o dereito de presentar un recorrido alternativo.
- A organización prevé uns tempos de paso e corte en determinados controis e un tempo máximo da proba de 5,30 horas. O corredor que non chegue antes das 12.40 h a o control número 5, seralle retirado o dorsal e quedará descalificado.
- O final da proba pode haber control antidoping.
- Os participantes eximen a organización de calquera responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
- Todo corredor debe coñecer e respectar o regulamento da proba. A inscrición implica o cumprimento deste Regulamento.
- Os corredores deberán ter as condicións físicas requeridas para a distancia e a dureza do itinerario.Levará a indumentaria e calzado para a proba.
* A proba será controlada por árbitros de F.E.D.M.E.
Prazo e prezo das inscricións:
Dende o 24 Marzo ata o 21 de Abril: 15 € para federados FEDME (con cobertura para carreiras por montaña), 20 € para os non federados. E dende o 22 Abril ata o 29 de Abril : 20€ para federados e 25€ para non federados.
10 € para os socios do “Clube de Montaña Ribeira Sacra”.
O prezo inclúe: camiseta conmemorativa, avituallamentos e xantar-picoteo ao finalizar a proba.
Telefono de información: 616 516 238