A actividade desenrolarase o domingo 11 de Setembro 2016 no concello de Quiroga organizada polo C.M. Ribeira Sacra.
O punto de encontro será na entrada do desvío da N-120 ca estrada a Rugando (6km. despois de Quiroga), as 10:00h logo un autobus nos levará a Rugando onde comenza a Marcha.
PROGRAMA:
10:30 H. Recepción dos participantes no Control de saída de Rugando – Quiroga
10:45 H. Saída da XXVIII MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS
15:00 H. Xantar de confraternidade.
17:00 H. Entrega de agasallos e Clausura da Actividade.
REGULAMENTO:
XXVIII MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS
- A actividade terá lugar o día 11 de setembro de 2016 nos concello de Quiroga- Lugo.
- Poderán participar só montañeiros federados, veteranos e acompañantes que presenten cumprimentada a folla de inscrición obrigatoria vixente e dispoñible na web da FGM.
- As inscricións efectuaranse na F.G.M. ou chamando ó Clube de Montaña Ribeira Sacra antes do día 8 de Setembro.
- Os participantes serán respectuosos co entorno e medio natural, non deixando lixo nin residuos.
- A organización non se fará responsable de ningún tipo de accidente.
- Os participantes deberán levar o material e prendas para a actividade.
- Os participantes asumen e aceptación completa deste regulamento, calquera cuestión ou dúbida será resolta pola organización e a súa decisión será de obrigado cumprimento.
- Nesta actividade só terán dereito a agasallos os montañeiros de máis de 40 anos.
XANTAR:
Será en Rairos 6km. antes de Quiroga no Restaurante LUIS (xa estivemos na marcha da Cuvela)
O prezo será de 12€
Menu:
- Entremeses
- Ensalada e churrasco.
- Postre
MARCHA:
A marcha transcorre no Sur de Lugo na entrada o Courel no concello de Quiroga.











