Domingo 12 de Setembro do 2010
A MOGAINZA (Montederramo) – S. Cruz (Chandrexa de Queixa)
“Bidueiral de Montederramo”
Organiza | Patrocina | |
Clube Montaña Ribeira Sacra |
Federacion Galega de Montañismo |
|
A marcha parte do pobo de A Mogainza (Montederramo) ata adentrarnos no ” Bidueiral de Montederramo” situado entre a Ribeira Sacra e o Macizo Central-Manzaneda, é unha fraga espectacular que garda especies autóctonas – bidueiros, carballos, acivros, cancereixos, piñeiros silvestres, arandeiras- e unha moi variada fauna: corzos, xabaríns, perdices, gabiáns, aguias, azores, mouchos, bufos, …
Chama moito a disfrutar das diferentes tonalidades de colores dos reflexos da luz nas arbores. Logo baixamos os pobos do concello de Chandrexa de Queixa abandonados de O Teixedo e A Ferrería, o camiño de carro que os unía, xa esta cego (unha pena), e seguimos o par do río Quiexa ata Santa Cruz onde rematan os 17,7Km. do percorrido
Grafica da rota
Regulamento da marcha
- A actividade terá lugar o día 13 de Setembro do 2009 no Concello de ….
- Poderán participar só montañeiros federados, veteranos e acompañantes.
- As inscripcións efectuaranse na F.G.M., ou chamando o Clube de Montaña Ribeira Sacra antes do día 10 de Setembro.
- Os participantes serán respetuosos co entorno e medio natural, non deixando lixo nin residuos.
- A organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente.
- Os participantes deberán levar o material e prendas axeitadas para a actividade.
Programa:
- 10:00H. Recepción dos participantes no pobo de A Mogainza (Montederramo).
- 10:15H. Saída da XXII Marcha Galega de Montañeiros Veteranos
- 15:00H. Xantar de confraternidade.
- 17:00H. Entrega de Agasallos e Clausura da Marcha.
XANTAR 12 € en Restaurante Gerardo en Celeiros (Chandrexa de Queixa)
Menú:
- Sopa, caldo, callos, fabada
- Cordeiro, carne asada
- Flan
Como chegar:
Si queredes podedes baixar a traza gpx y a traza kmz.
Espero contar con vos.