XX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos

14 Setembro de 2008

Val do Mao
“Parada de Sil”

Clube Montaña Ribeira SacraConcello Parada de Sil

A Marcha será por o Val do Río Mao no Concello de Parada de Sil

A paisaxe é sorprendete con fortes contrastes como o entorno dos pobos da ribeira.

E no medio deles A Canle Vella do Mao (no mesmo canón do Mao) co seu encoro e a carga para a Fábrica da Luz de Barxacova datada no 1917 o seu trazado nos leva por toda unha fraga con soutos de castiñeiros e carballeiras, fervenzas, e grandes moles de pedra. Unhas vistas impresionantes, como un pequeno Cares.

O percorrido da marcha: Saída do pobo de Endrada e sempre por camiños de carro pasaremos por os pobos de montaña de Verengo, Forcas e por un camiño chegaremos a Ponte Medieval de Conceliños logo seguimos paralelos a Canle Nova ata o sendeiro que nos leva o muiño e o encoro para seguir pola Canle Vella ata a carga onde baixamos a tumbas antopromorfas e chegamos o pobo da ribeira San Lourenzo e logo Bouzas onde remata a marcha.

Regulamento da marcha

  1. A actividade terá lugar o día 14 de Setembro do 2008 no Concello de Parada deSil.
  2. Poderán participar só montañeiros federados, veteranos e acompañantes.
  3. As inscripcións efectuaranse na F.G.M., ou chamando o Clube de Montaña Ribeira Sacra antes do día 11 de Setembro.
  4. Os participantes serán respetuosos co entorno e medio natural, non deixando lixo nin residuos.
  5. A organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente.
  6. Os participantes deberán levar o material e prendas axeitadas para a actividade.

Programa:

  • 10:00H. Recepción dos participantes no control de saída de Edrada – Parada de Sil.
  • 10:15H. Saída da XX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos
  • 15:00H. Xantar de confraternidade, en Parada de Sil.
  • 17:00H. Clausura da Actividade.

Menú:

  • Empanada e Callos
  • Xamón con guarnición
  • Postre: bica

Precio menú 10€

Pequena galeria dos lugares por onde transcorre a marcha:

Canle VellaCanle VellaCanle VellaCanle VellaFervenza Poza NegraEncoro de HedradaFervenza Poza NegraSan LourenzoForcas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *