XORNADAS EN GREDOS DECEMBRO-07

Nesta ocasión trasladámonos á serra de Gredos para realizar varias marchas pola preciosa contorna natural, poñendo a proba a nosa preparación física. Hospedámonos en Bohoyo a 8 km de Barco de Avila.

Día 5

PICO MIRA. (2343 m.)

mira

Saímos con un día claro desde “La Plataforma de Gredos” a pouco de iniciar o camiño que leva a “Laguna Grande” saímonos pola “Garganta de Prao Puerto” un pouco antes de chegar, pola esquerda cruzando un regato, gañamos a ladeira que nos leva polo cordal “Los Campanarios” ata chegar a “Las Molederas”, onde xa divisamos a “Mira”, as vistas son fermosas da zona S. de Gredos, seguimos subindo ata o “Mira” onde o vértice Xeodésico esta nunha pequena torre de pedras, onde xantamos contemplando o “Crestón de los Galayos” e vistas. Regresamos chegando a “Plataforma” xa escurecendo.

Día 6

GARGANTA DE BOHOYO

garganta

Saímos por unha rúa do pobo o final é pista e seguimos por camiños e sendas entre prados e carballeiras ata acercarnos a marxe esquerda do río para cruzalo ( perdemos tempo buscando como facelo) xa na outra marxe , nos atopamos ca primeira cabana xa fora do bosque e seguindo unha senda ben sinalizada primeiro a media ladeira e logo xa preto do río, no que é o val da impresionante “Garganta de Bohoyo” chegamos a zona máis agreste “El Lanchón” onde xantamos e retornamos por falta de tempo, pero sempre pola marxe dereita do río ata a entrada do pobo.

Día 7

CIRCO DE CINCO LAGUNAS

Partimos do pobo de Navalperal de Tormes . Saímos pola ponte “Las Cadenas” por 5 lagunasunha pista que nos leva a “Garganta de Gredos” para pasar pola ponte “Las Ranas”,ascendemos ata unha curva onde collemos de fronte por un sendeiro que nos leva o río para cruzalo na ponte “Las Tenadas”. Hai unha bifurcación: á esquerda para a “Laguna Grande” nos collemos á dereita subimos un pequeno desnivel para ir preto do regato por unha fácil senda ata o refuxio “La Barraca”, aquí empeza a parte máis dura e de máis desnivel.

A primeira dificultade nos leva a ” Laguna de Majalaescoba”, parte xeada e unha paisaxe moi fermosa, seguimos subindo polas moles de rochas con zonas xeadas, ata a “Hoya de las Berzas” aquí subimos pola ladeira (SE), moi pendente e con certa dificultade que salvamos entre todos, ata chegar a “Laguna Cimera” para baixar a unión ca “Laguna Galana” e contemplar cun pequeno percorrido o circo glaciar das lagoas, baixamos a “Hoya de las Berzas” para xantar e retornar.

Os últimos km nos choveu un pouco, chegando o escurecer o pobo.

Día 8

PICO ALMANZOR ( 2592 m.)

O día estaba un pouco inestable e con baixas temperaturas e vento. Saímos de ” La Plataforma” e

almanzor

fixemos a clásica ruta ata a “Laguna Grande” nalgunhas zonas xeadas e esto nos ralentizou a marcha; o chegar o refuxio de “Elola” xa era un pouco tarde e a información era de que non estaba a “Portilla Bermeja” en boas condicións, tras discutilo, un grupo quedou na zona facendo percorridos, outro decidiu subir por un camiño que sae do refuxio cara a “Portilla Bermeja” (con fortes pendentes) e despois en dirección Oeste bordeando o pico para acometer unha trepada final, de un en un para facer cima e baixar pois había moito vento. Regresamos xa con néboa e póndose moi mal o tempo chegamos o refuxio xantamos algo e saímos, xa empezaba a chover chegamos a “Plataforma” de noite pero todos ben.

Día 9

Regreso.

Dedicado a turismo, percorrido por Barco de Avila e por Salamanca onde xantamos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *