XLVI Campamento e Marcha Galega de Montaña

9-10 de Abril de 2011
VILAR – PARADA de SIL Ourense
“Montaña e Ribeira de Parada de SIL”

Ribeira

Colabora Organiza Patrocina
Clube de Montaña Ribeira Sacra
Parada de Sil Clube Montaña
Ribeira Sacra
Federacion Galega
de Montañismo
Riveira Sacra Riveira Sacra

A marcha será pola montaña e ribeira do concello de Parada de Sil – Ourense. Saímos da vella escola de Vilar, pola montaña pasamos polo pobo de Senra ata a carga do canal novo, logo baixamos a carga do canal vello para pasar polas tumbas de “San Vitorio”, pobo de San Lourenzo, baixaremos polas viñas ata a Fábrica da Luz, – futuro centro de interpretación-.

Riveira Sacra Riveira Sacra

Pasaremos por unha larga e espectacular pasarela para contemplar o final do canón do Mao, xa pegados o río subimos o pobo de Barxacova, logo facemos unha travesía entre viñas, hortas, castiñeiros, árbores frutais, a veces pegadiños o Sil, e os pobos da ribeira: A Costrela, A Barxa, San Fiz, Calvos, Santo Andre, A Pena, Chandrexa ata Entrambosrios zona de soutos de castiñeiros centenarios e empezamos a subir entre carballeiras ata Os Fios logo Espiñas para rematar 21,6Km.

Un percorrido con moitas e moi boas vistas, un regalo para a nosa vista e para disfrutar dunhas paisaxe de moitos contrastes.

Riveira Sacra Riveira Sacra

Grafica da marcha

Grafica

Riveira Sacra Riveira Sacra

Regulamento do XLVI Campamento e Marcha Galega de Montaña

  1. Ǡo establecido pola F.G.M..
  2. A actividade terá lugar o día 9 e 10 de Abril do 2011 en Vilar, concello de Parada de Sil (Ourense).
  3. Poderán participar só montañeiros federados.
  4. As inscricións efectuaranse na F.G.M. ou chamando ó Clube de Montaña Ribeira Sacra antes do día 7 de Abril.
  5. Os participantes serán respetuosos co entorno e medio natural, non deixando lixo nin residuos.
  6. A organización non se fará responsable de ningun tipo de accidente.
  7. Os participantes deberán levar o material e prendas para a actividade.
  8. Os participantes deberán respetar o horario que figura no programa
Riveira Sacra Riveira Sacra

Programa:

  • Día 9:
    • 18:30H. Recepción dos participantes na vella Escola de Vilar (restaurada) fará de refuxio.
  • Día 10:
    • 08:45H. Almorzo (invitación do clube)
    • 09:30H. Saída dos participantes da XLVI MARCHA GALEGA de MONTAÑA dende a escola de Vilar.
    • 15:00H. Xantar-picoteo : Empanada de carne ou bonito, Lacón, Tortilla.Prezo:5€
    • 17:00H. Entrega de Agasallos e Clausura da Marcha

Os participantes da MARCHA entregaráselle unha cerámica popular de Niñodaguia

Como chegar:

Como Chegar

Si queredes podedes baixar a traza gpx y a traza kml.

Riveira Sacra Riveira Sacra Riveira Sacra Riveira Sacra Riveira Sacra Riveira Sacra Riveira Sacra Riveira Sacra Riveira Sacra Riveira Sacra Riveira Sacra Riveira Sacra
Que disfrutedes de esta rota, cunha paisaxe moi diferente e chea de contrastes:
Espero contar con vos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *