X CARREIRA POR MONTAÑA “CANÓN do SIL”

Carreira homologada pola FEDME (Proba Aberta-Open), 33,2 KM / 2220 desnivel positivo. IV Proba copa Galega. VII Media Carreira Canon do Sil (Proba Aberta-Open), 17 KM / 950 desnivel positivo.

Logo Carreira Canon do Sil

X CARREIRA CANON DO SIL

Carreira homologada pola FEDME

(Proba Aberta-Open)

IV Proba COPA GALEGA

33,2 KM / 2220

desnivel positivo

VII MEDIA CARREIRA CANON DO SIL

(Proba Aberta-Open)

17 KM / 950 desnivel positivo

Parada de Sil – Ourense

17 de Xullo do 2016

AS DUAS CARREIRAS PUNTUAN NO: CIRCUITO GALEGO POR MONTAÑA ” TERRA ”
Calendario Terra-16 Cartel 2016_56k 224-330

Organiza:

Parada de SilClube MontañaParada de Sil

Colaboradores

Aloxamentos:

Precios especiales para os participantes

O Torgal
988 208 013
Rectoral Chandrexa
988 208 009
A Fabrica da Luz Apartamentos Ribeira Sacra
654 806 829

Máis información de aloxamentos en 988 204 630 e en www.turisacra.org e hospedaxe na zona.

Restaurantes

Como chegar

Como chegar

Desde a A-52
Saida 193 en XINZO de LIMIA a Dereita OU-1102 a VILAR DE BARRIO a Dereita OU-1103 a MACEDA sair no centro pola Dereita e na primeira saida a Dereita OU-0106 dirección XUNQUEIRA no cruce da OU-536 a Dereita ( indica Ponferrada) ata VILLARIÑO FRIO aquí a Esquerda PARADA de SIL

Desde a N-120
Sair en MONFORTE de LEMOS dirección CASTRO CALDELAS LU-903 despois de cruzar o río e pasar “ABELEDA” e “O IVEDO” no cruce hai dúas opcións 1.- a Dereita A TEIXEIRA OU-0607 e seguir os indicadores. Esta é unha estrada con moitas curvas pero cunhas vista espectaculares ( merece a pena si hai tempo ). 2.- seguir e no CASTRO CALDELAS a Dereita dirección Ourense i en VILARIÑO FRIO a Dereita a PARADA de SIL

Desde OURENSE
a estrada OU-536 dirección TRIVES i en VILARIÑO FRIO a Esquerda a PARADA de SIL

Premios da X Carreira:

Categoria

ABSOLUTA MASCULINA ABSOLUTA FEMININA
  • 1º Trofeo
  • 2º Trofeo
  • 3º Trofeo
  • 1º Trofeo
  • 2º Trofeo
  • 3º Trofeo

Subcategorias

VETERANOS MASCULINOS VETERANAS FEMININAS
  • (Máis de 45 anos)
  • 1º Trofeo
  • 2º Trofeo
  • 3º Trofeo
  • (Máis de 40 anos)
  • 1º Trofeo
  • 2º Trofeo
  • 3º Trofeo

Bater o record da Proba

MASCULINO (02:54:12) FEMININA (03:34:11)
  • 300 €
  • 300 €

Premio especial :

Para o primeir@ home e muller en cruzar a meta volante de Cabeza da Meda e que acabe a proba.

Premios da VII MEDIA CARREIRA:

Trofeos para a categoría Masculino e Feminina: Absoluta.

Sub categorías Masculino e Feminina: Veterana.

Horarios:

  • Sábado 16 de Xullo
    • 18.30 h. Entrega de dorsais na casa do concello
    • 19.30 h. Reunión informativa (recomendada a corredores) na casa do Concello
  • Domingo 17 de Xullo
    • 08.00 – 08.45 h. Entrega de Dorsais na Praza do Curtiñeiro.
    • 09.00 h. Saída da Carreira e da Media Carreira dende a Praza do Curtiñeiro.
    • 14.00 h. Entrega de premios no Concello.
    • 14.30 h. Xantar-picoteo.
    • 15.00 h. Peche do control de Meta (hora límite para a finalización da proba).

Regulamento:

Categorías Masculino e Feminina: Absoluta.

Sub categorías Masculino e Feminina: Veterana.

  • Sub categoría veterana: a partir dos 40 anos na feminina e 45 anos na masculina cumpridos o ano de referencia.

A idade a ter en consideración para toda a tempada sera a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da competición

A Carreira rexerase polo regulamento de Carreras por Montaña da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada ( Consultar en WWW.fgmontanimo.comConsultar en WWW.fedme.es) E AS SEGUINTES NORMAS:

  1. O Corredor indentificarase na recollida do dorsal
  2. Na X Carreira non poden participar menores de 21 anos
  3. Na VII Media Carreira non poden participar menores de 18 anos
  4. Será motivo de descalificación:
    • Non pasar por tódolos controles.
    • Recibir axuda externa foras dos lugares autorizados( ata uns 100m nos avituallamentos )
    • Ensuciar e degradar o itinerario ( é obrigación de cada corredor levar os seus desperdicios e deixalos nos lugares sinalizados pola organización).
    • O dorsal levarase visible durante toda proba, no peito.
    • Non prestar auxilio a calquera participante que sufra algún accidente e informar o control máis preto.
    • Non se pode obstacularizar voluntariamente a outro corredor.
    • Os participantes obedecerán as instruccións dos membros dos controis.
  5. É obrigatorio avisar o control ou a un membro da organización do abandono e entregar o dorsal.
  6. O mal tempo non é obstáculo para a celebración da proba . A organización reservase o dereito de presentar un recorrido alternativo.
  7. A organización prevé uns tempos de paso e corte en determinados controis e un tempo máximo da proba de 6,00 horas. O corredor que non chegue antes das 13.00 h a o control número 5, seralle retirado o dorsal e quedará descalificado.
  8. O final da proba pode haber control antidoping.
  9. Os participantes eximen a organización de calquera responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
  10. Todo corredor debe coñecer e respectar o regulamento da proba. A inscrición implica o cumprimento deste Regulamento.
  11. Os corredores deberán ter as condicións físicas requeridas para a distancia e a dureza do itinerario.Levará a indumentaria e calzado para a proba.

INFORMACIÓN TECNICA DA PROBA.

* A proba será controlada por árbitros de F.E.D.M.E.

Prazo e prezo das inscricións:

Dende o 20 de Maio ata o 10 de Xullo: 15 € para federados FEDME (con cobertura para carreiras por montaña), 20 € para os non federados. E dende o 10 de Xullo ata o 14 de Xullo : Os mesmos prezos pero sen camiseta

10 € para os socios do “Clube de Montaña Ribeira Sacra”.

O prezo inclúe: camiseta conmemorativa, avituallamentos e xantar-picoteo ao finalizar a proba.

Telefono de información: 616 516 238

Inscripción:

Este ano a inscripción a levara WWW.CHAMPIONCHIPNORTE:

Artigos relacionados

Deixar unha resposta