VI CARREIRA CANON DO SIL e III MEDIA CARREIRA CANON DO SIL

33,2 KM / 2220 desnivel positivo Coeficiente: 74, CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL E SELECCIONS AUTONOMICAS (Proba so federados FEDME), CAMPIONATO GALEGO, III MEDIA CARREIRA CANON DO SIL (Proba aberta) 17 KM / 950 desnivel positivo.

Logo

VI CARREIRA CANON DO SIL

(Proba so federados FEDME)

CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL
E SELECCIONS AUTONOMICAS

CAMPIONATO GALEGO

33,2 KM / 2220 desnivel positivo

Coeficiente: 74

III MEDIA CARREIRA CANON DO SIL

(Proba aberta)

17 KM / 950 desnivel positivo

Nota: Na aplicación do Artigo 8.2.4 O Campionato Nacional de Cadete e Xunior: A saída será controlada no Km 6,7 para facer 10,3Km e 600 m+, nesta proba.

Parada de Sil – Ourense

6 de MAIO

Buff Salomon Copa Galega Cartel Local

Organiza:

Parada de SilClube Montaña

Parada de Sil

Colaboradores

Aloxamentos:

Precios especiales para os participantes

 


988 208 013

Parada de Sil
988 208 016

 

Máis información de aloxamentos en 988 204 630 e en www.turisacra.org e hospedaxe na zona.

Restaurantes

Restaurante O Curtiñeiro
988 208 237
Restaurante Mirada Máxica
626 939 801

Como chegar

Como chegar

Desde a A-52
Saida 193 en XINZO de LIMIA a Dereita OU-1102 a VILAR DE BARRIO a Dereita OU-1103 a MACEDA sair no centro pola Dereita e na primeira saida a Dereita OU-0106 dirección XUNQUEIRA no cruce da OU-536 a Dereita ( indica Ponferrada) ata VILLARIÑO FRIO aquí a Esquerda PARADA de SIL

Desde a N-120
Sair en MONFORTE de LEMOS dirección CASTRO CALDELAS LU-903 despois de cruzar o río e pasar “ABELEDA” e “O IVEDO” no cruce hai dúas opcións 1.- a Dereita A TEIXEIRA OU-0607 e seguir os indicadores. Esta é unha estrada con moitas curvas pero cunhas vista espectaculares ( merece a pena si hai tempo ). 2.- seguir e no CASTRO CALDELAS a Dereita dirección Ourense i en VILARIÑO FRIO a Dereita a PARADA de SIL

Desde OURENSE
a estrada OU-536 dirección TRIVES i en VILARIÑO FRIO a Esquerda a PARADA de SIL

Premios da VI Carreira:

Categoria

SENIOR MASCULINA SENIOR FEMININA
  • 1º 400 € + Trofeo
  • 2º 200 € + Trofeo
  • 3º 100 € + Trofeo
  • 1º 400 € + Trofeo
  • 2º 200 € + Trofeo
  • 3º 100 € + Trofeo

Subcategorias

VETERANOS MASCULINOS VETERANAS FEMININAS
  • ( Máis de 45 anos )
  • 1º 200 € + Trofeo
  • 2º 100 € + Trofeo
  • 3º   50 € + Trofeo
  • ( Máis de 40 anos )
  • 1º 200 € + Trofeo
  • 2º 100 € + Trofeo
  • 3º   50 € + Trofeo
PROMESA MASCULINA PROMESA FEMININA
  • 1º 200 € + Trofeo
  • 2º 100 € + Trofeo
  • 3º   50 € + Trofeo
  • 1º 200 € + Trofeo
  • 2º 100 € + Trofeo
  • 3º   50 € + Trofeo

Bater o record da Proba

MASCULINO (03:00:05) FEMININA (03:38:38)
  •   100 €
  •   100 €

Premio especial :

Para o primeir@ home e muller en cruzar a meta volante de Cabeza da Meda e que acabe a proba.

Premios da III MEDIA CARREIRA:

Trofeos para as categorías Masculino e Feminina: cadete, júnior e sénior. Sub categorías Masculino e Feminina: Veterana.

Horarios:

  • Sábado 5 de Maio
    • 18.30 h. Entrega de dorsais na casa do concello
    • 19.30 h. Reunión informativa (recomendada a corredores) na casa do Concello
  • Domingo 6 de Maio
    • 08.00 – 08.45 h. Entrega de Dorsais na Praza do Curtiñeiro.
    • 09.00 h. Saída da Carreira e da Media Carreira dende a Praza do Curtiñeiro.
    • 14.00 h. Entrega de premios no Concello.
    • 14.30 h. Peche do control de Meta (hora límite para a finalización da proba).
    • 14.30 h. Xantar-picoteo.

Regulamento:

Categorías Masculino e Feminina: Cadete, Júnior e Sénior.

Sub categorías Masculino e Feminina: Promesa e Veterana.

  • Categoría cadete: 15, 16 e 17 anos, é dicir que non cumpran os 18 anos o ano de referencia.
  • Categoría júnior: 18, 19 e 20 anos, é dicir que non cumpran os 21 anos o ano de referencia.
  • Categoría sénior: a partir de 21 anos cumpridos o ano de referencia.
  • Sub categoría promesa: 21, 22 e 23 anos, é dicir que non cumpran os 24 anos o ano de referencia.
  • Sub categoría veterana: a partir dos 40 anos na feminina e 45 anos na masculina cumpridos o ano de referencia.

Nota: Para participantes das categorías cadete e junior: a distancia será de 9 a 12 km e 600m de desnivel positivo acumulado (+/- 10%)

A idade a ter en consideración para toda a tempada sera a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da competición

Nas categorías cadete, júnior e tamén na sub categoría promesa sera necesario, para validar a clasificación, unha participación mínima de 4 competicións. Polo que por debaixo do devandito número non haberá protocolo de entrega de premios nas devanditas categorías e sub categorías.

A Carreira rexerase polo regulamento de Carreiras por Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada ( Consultar en WWW.fedme.es ) E AS SEGUINTES NORMAS:

  1. O Corredor indentificarase na recollida do dorsal
  2. Na VI Carreira non poden participar menores de 21 anos
  3. Na III Media Carreira non poden participar menores de 15 anos
  4. Será motivo de descalificación:
    • Non pasar por tódolos controles.
    • Recibir axuda externa foras dos lugares autorizados( ata uns 100m nos avituallamentos )
    • Ensuciar e degradar o itinerario ( é obrigación de cada corredor levar os seus desperdicios e deixalos nos lugares sinalizados pola organización).
    • O dorsal levarase visible durante toda proba, no peito.
    • Non prestar auxilio a calquera participante que sufra algún accidente e informar o control máis preto.
    • Non se pode obstacularizar voluntariamente a outro corredor.
    • Os participantes obedecerán as instruccións dos membros dos controis.
  5. É obrigatorio avisar o control ou a un membro da organización do abandono e entregar o dorsal.
  6. O mal tempo non é obstáculo para a celebración da proba . A organización reservase o dereito de presentar un recorrido alternativo.
  7. A organización prevé uns tempos de paso e corte en determinados controis e un tempo máximo da proba de 5,30 horas. O corredor que non chegue antes das 13.00 h a Meta Volante seralle retirado o dorsal e quedará descalificado.
  8. O final da proba pode haber control antidoping.
  9. Os participantes eximen a organización de calquera responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
  10. Todo corredor debe coñecer e respectar o regulamento da proba. A inscrición implica o cumprimento deste Regulamento.
  11. Os corredores deberán ter as condicións físicas requeridas para a distancia e a dureza do itinerario.Levará a indumentaria e calzado para a proba.

INFORMACIÓN TECNICA DA PROBA.

* A proba será controlada por árbitros de F.E.D.M.E.

Prazo e prezo das inscricións:

Dende o 15 Marzo ata o 1 de Maio: 22 € para federados FEDME (con cobertura para carreiras por montaña) e 26 € para os non federados. O prezo inclúe: camiseta conmemorativa, avituallamentos e xantar-picoteo ao finalizar a proba.

Telefono de información: 616 516 238

Super AQUI
Os supermercados AQUI como colaboradores da Carreira, os seus clientes con tarxeta AQUI terán un desconto de 2€ na inscrición. Este desconto será reembolsable ca recollida do dorsal e presentar o cupón.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *