Regulamento:
- Categorías Masculina e Feminina : Absoluta
– Sub categorías Masculino e Feminina: Veterana A , B e C
– Categoría Absoluta: a partir dos 21 anos cumpridos o ano de referencia
– Sub categoría Veterana A:
– Masculina e Femina de 40 a 49 anos, é dicir que non cumpra os 50 anos o ano de referencia
– Sub categoría Veterana B:
– Masculina e feminina de 50 a 59 anos, é dicir que non cumpra os 60 anos o ano de referencia
– Sub categoría Veterana C:
– Masculina e feminina a partir dos 60 anos cumpridos o ano de referencia
A idade a ter en consideración para toda a tempada sera a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da competición
As Carreiras Canón do Sil rexerase polo regulamento de Carreras por Montaña da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada ( Consultar en WWW.fgmontanimo.com – Consultar en WWW.fedme.es) E AS SEGUINTES NORMAS:
- O Corredor indentificarase na recollida do dorsal
- Na XVII Carreira non poden participar menores de 24 anos
- Na XIII Media Carreira non poden participar menores de 18 anos
- Na VII Mini Carreira non poden participar menores de 15 anos
- Será motivo de descalificación:
- Non pasar por tódolos controles.
- Recibir axuda externa foras dos lugares autorizados( ata uns 100m nos avituallamentos )
- Ensuciar e degradar o itinerario ( é obrigación de cada corredor levar os seus desperdicios e deixalos nos lugares sinalizados pola organización).
- O dorsal levarase visible durante toda proba, no peito.
- Non prestar auxilio a calquera participante que sufra algún accidente e informar o control máis preto.
- Non se pode obstacularizar voluntariamente a outro corredor.
- Os participantes obedecerán as instruccións dos membros dos controis.
- É obrigatorio avisar o control ou a un membro da organización do abandono e entregar o dorsal.
- O mal tempo non é obstáculo para a celebración da proba . A organización reservase o dereito de presentar un recorrido alternativo.
- A organización prevé uns tempos de paso e corte en determinados controis e un tempo máximo da proba de 6,00 horas. O corredor que non chegue antes das 13.00 h a o control número 5, seralle retirado o dorsal e quedará descalificado.
- O final da proba pode haber control antidoping.
- Os participantes eximen a organización de calquera responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
- Todo corredor debe coñecer e respectar o regulamento da proba. A inscrición implica o cumprimento deste Regulamento.
- Os corredores deberán ter as condicións físicas requeridas para a distancia e a dureza do itinerario.Levará a indumentaria e calzado para a proba.