10 de MAIO 2015

Organizan:
![]() |
![]() |


PROGRAMA:
- 10:00 H. Recepción dos partipantes no control de saída de Souto Novo – Sober
- 10:15 H. Saída da MARCHA GALEGA da F.G.M. 2015
- 16:30 H. Entrega de Agasallos.
- 17:00 H. Clausura da Actividade.

PERCORRIDO:
RUTA POLO OESTE E SUR DE SOBER MUIÑOS DO XÁBREGA E MIRADOIROS DO CANÓN DO SIL – LUGO
A ruta é lineal de uns 21 km. e transcorre polo Oeste e Sur do concello de Sober. Sur da provincia de Lugo e marxe dereita do río Sil
O primeiro tramo transcorre polo Roteiro dos Chancís PR-G86 escomenzando no pobo de Souto Novo pasando polos de Hortás, O Cabarco, Castinande entre piñeiros, castiñeiros, viñedos e rematando nos Chancís xa preto do río Sil, nun miradoiro sobre o encoro de Santo Estevo . Subimos pola ruta dos muíños do regueiro de Xábrega, no seu tempo movíanse 28 muíños e 2 batáns, onde visitaremos varios muíños restaurados e comunicados por pasarelas ata o pobo de A Boca onde a ruta nos leva o carón do Canón do Sil a visitar os diferentes Miradoiros pero sempre ca vista no río e na ladeira ourensán dos concellos de Nogueira de Ramuín e de Parada do Sil Visitamos os miradoiros do Canón do Sil cuns desniveis de case 500m.:
Os de Cividade (Cotarro I), de Boqueiriño (Cotarro II), logo o miradoiro de Santa Cristina onde contemplamos na marxe de enfronte o enclave do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil en Parada do Sil entre castiñeiros. Desde aquí tratamos de deixar o canón para rematar a marcha pasando polos pobos de Barantes de Arriba e A Cal e rematando na estrada de Sober. É unha marcha para disfrutar das vistas e do entorno do Canón do Sil do que temos que estar orgullosos de ter esta paisaxe na nosa Terra Galega
Grafica da rota


Regulamento da marcha
- A actividade terá lugar o día 10 de Maio do 20115 no Concello de Sober da provincia de Lugo.
- Poderán participar só montañeiros federados, cumprimentada a folla de inscrición obrigatoria vixente e dispoñible na web da F.G.M.
- As inscricións efectuaranse na F.G.M., ou chamando o Clube de Montaña Ribeira Sacra antes do día 7 de Maio.
- Os participantes serán respectuosos co entorno e medio natural, non deixando lixo nin residuos.
- A organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente.
- Os participantes deberán levar o material e prendas axeitadas para a actividade.
- Os participantes asumen a aceptación completa deste regulamento, calquera cuestión ou dúbida será resolta pola organización e a súa decisión será de obrigado cumprimento.


Espero que disfrutedes de esta ruta, cunha paisaxe maravillosa.
Vos pido que, animedes os vosos socios, penso que o vamos a pasar ben.