Expedición Astur-Galaica Muztaghata 2012 “O relato”

Loitando contra as inclemencias do tempo

A expedición Astur-Galaica formada por membros do grupo de Montaña Ensidesa Avilés e o Clube de Montaña Ribeira Sacra: Carlos, Chiri, Amancio e Pousa. Despois de tres días de avións, enlaces por estrada, e 5 horas de camiñada, chegaron ao campo base, o día 2 de Agosto, non sen antes experimentar na súa pel as xélidas augas do rio que baixa do glaciar do Muztaghata.

Acercamiento

Os seguintes dous días, foron de aclimatación, para posteriormente poder subir a mais altura. Un membro da expedición non puido aclimatarse en condicións optimas, o que ocasiono, que non subise co grupo, ao campo 1. Foi un gran contratempo, porque houbo que repartir o peso do material, que había que trasladar ao campo 1, entre o resto do grupo (23 quilos de mochila), isto inflúo no atraso da chegada (6 horas).

Ao día seguinte baixaron cara ao campo base, Pousa intento reintegrarse ao grupo subindo ao campo 1 pero no ascenso encontrouse mal e decidiu deixar a expedición e virse para España, foi un gran golpe para o resto do equipo.

O resto dos membros seguiron co plan marcado, subir ao campo 1 e logo ao campo 2, para montar novas tendas en altura e levar todo o necesario para poder atacar o cume.

Partida campo 1

Ao descender do campo 2, empezou a nevar. O frio e a neve foi a tónica o resto dos día. A estanza no campo base foi desesperante, o mesmo sentir acontecíalle ao resto das expedicións, que estaban ansiosas vendo o prognostico do tempo e esperando algunha melloría.

Os partes dicían que o tempo melloraría a partir do luns 13, que a partir do mércores 15, que se o fin de semana do 18. O caso que ían pasando os días e se ían esgotando as oportunidades de intentar cume. Polo que decidiron, ao igual que outras expedicións, (como a de Antonio Garrido, membro de ao fío do imposible e que ten o récord de permanencia de 62 días no cume do Aconcagua) subir para estar no sitio clave, no momento xusto de abrirse unha “ventá” de bo tempo e intentar facer cume.

Campo 2

O problema, seria como ían encontrar os sucesivos campos de altura, se as tendas e as súas cousas, terían aguantado os temporais de neve e aire.

Chegaron ao campo 1, e tócolles palear, bastante para acceder ás tendas e ao rematar comezou a nevar outra vez. Metéronse os tres na tenda e exhaustos polo esforzo, non tiveron nin ganas de comer.

Ao ver que non paraba de nevar, decidiron deitarse e durmir. Cara ás tres da madrugada, Chiri se sobresalto, repetindo unha e outra vez que non podía respirar, tiveron que tranquilizalo e á mañá seguinte, seguía encontrándose mal, polo que se decidiu que baixase ao campo base para recuperarse. Quedaron no campo 1, Amancio e Carlos, con intención de subir ao campo 2.

Partida campo 2

Nevando e cun aire, que os facia ir mais lentos do normal, partiron cara ao campo 2. Esperaban atopar bastante neve acumulada, pero ao ver as tendas, a moral caiuselles literalmente ao chan, unha tenda, só se vian 5 centímetros e a outra, 30 centímetros, tiveron que palear de novo e nesa altura, calquera esforzo adicional, pasa factura. Despois de tres horas, unha das tendas xa a tiñan “liberada” da neve, aínda que seguía nevando, un par de horas mais tarde conseguiron que aparecese a outra, aínda que estaba nun estado lamentable e non puideron utilizala, así que lles tocou durmir aos dous nunha tenda, moi fatigados, pero polo menos, a esas alturas o poder pechar os ollos e respirar normal xa se pode considerar durmir.

Durante toda a noite non deixou de nevar, o que se traduciu en que tiveron que volver coller a pa e volver palear, para poder desmontar as tendas. A decisión que non querían tomar, fíxollela tomar o mal tempo, nesas condicións non podían continuar, había case un metro de neve branda na montaña e a pesar de ir con raquetas, enterrabanse ata o xeonllo.

Bajada de material

A decisión de retirarse, é moi dura de tomar e custa moito asumila, sobre todo, despois de levar un ano preparándose para conseguir o cume, pero ante as inclemencias do tempo, non se pode facer outra cousa.

As demais o resto das expedicións, os Austríacos (9 membros), os Rusos (6 membros) e os outros Españois (8 membros) fixeron o mesmo era un esforzo demasiado arriscado e xa comezaron os primeiros aludes no campo 3.

Campo 2

Xa na cidade, lles comentaron que morreran dúas persoas, isto fíxolles ver, un pouco mais claro, que a decisión tomada, foi a mellor para as condicións nas que estaba a montaña.

Doe non poder conseguir o obxectivo marcado, pero a montaña vai seguir aí e aínda que ao mellor non o volvan intentar, hai outros cumes na vida que seguro, repararan un pouco “a ferida” de non ter conseguido o cume do Muztaghata. Pola nosa banda, agradecer a todas as persoas que os seguiron e os apoiaron. Grazas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *