Expedición Astur-Galaica 2012 MUZTAGH-ATA (la preparación)

7.546 Mts.

CLUB MONTAÑA RIBEIRA SACRA

Parada de SIL – Ourense

GRUPO MONTAÑA ENSIDESA AVILÉS

Aviles – Asturias

 

O Grupo de Montaña Ensidesa de Avilés (GMEA ) e o Clube de Montaña Ribeira Sacra de Parada do Sil, Ourense ( CMRS ), están organizando en conxunto a ascensión ao Muztagh-Ata de 7.546 mts.

O equipo formado en 2010 coa exitosa expedición ao Elbrus ( 5.642 mts. ), a montaña máis alta de Europa e unha das clásicas “ Sete Cumes do Mundo “ estívose a preparar no 2011 no Alpes Suízos e Austria, de cara a emprender a ascensión ao Muztagh-Ata no 2012.

Presentación

É unha montaña de 7546 metros, que se localiza no macizo do Kunlum, na Himalaia Chinesa, concretamente no extremo occidental de China, na provincia de Xinjiang, aproximadamente ao leste da fronteira chinesa con Tayikistán.

O Muztagh-Ata ocupa a posición número 48, no listado das montañas máis altas. Esta montaña posúe dous cumes, unha chamada Kuksay de 7.184 metros e a outra, principal, de 7.546 metros, ambos os dous cumes están separados entre se por 2 Km.

Muztagh-Ata o pai das montañas de xeo

O seu nome vén dado polo seu xigantesco tamaño, 400 Km. ó ben polo contraste que exercen os seus más de 20 glaciares que descenden do seu cume en todas as direccións Norte, Sur, Leste e Oeste.

As expedicións comezan a aproximación ao Muztagh-Ata dende Kashgar. Esta cidade está situada ao oeste do deserto de Taklamakan, aos pés das montañas Tian Shan, esta a unha altura de 1.290 mts. sobre o nivel do mar. As mellores condicións neológicas e climáticas adoitan darse a finais de Xullo e principios de Agosto.

Dende Kashgar, as expedicións trasládanse ao lago Karakul situado a uns 200 Kilometros e preto da autoestrada do Karakórum. Dende o lago Karakul a 3.800 mts. hai que trasladar á pequeña población de Subash, situada aos pés do Muztagh-Ata. Dende Subash realízase o traslado ata o Campo Base situado a 4.500 metros. Esta aproximación dura entorno ás 4 horas e o material é transportado por camelos. Os camelos bactrianos, animais de gran fortaleza, están adaptados perfectamente ás baixas temperaturas, os fortes ventos e a extrema aridez que caracteriza esta geografía. Estes portentosos animais poden camiñar ata 50 Km. diarios con cargas de 450 quilos, o que axuda moito no porteo ata o Campo Base.

A ruta normal deusa cara Oeste, é a que esta expedición, formada por 4 membros, eliximos, esta via supón enfrontarse a un desnivel dende o Campo Base ao Cumio de 3.100 metros, para o que é necesario instalar tres campamentos intermedios, antes de afrontar o definitivo reto que é, chegar a facer Cumbre.

Os Campamentos intermedios e tempos aproximados de ascensión son os seguintes:

  • Campo Base : 4500 metros.
  • Campamento 1: 5.300 metros. Entre 3 y 4 horas. *
  • Campamento 2: 6.200 metros. Entre 4 y 7 horas. *
  • Campamento 3: 6.800 metros. Entre 6 y 10 horas *

(*)Os tempos dependen moito da adaptación das persoas á altura.

O equipo expedicionario, non só representa, ao Grupo Montaña Ensidesa de Avilés ó ao Clube Montaña Ribeira Sacra de Parada do Sil, se non que también representan ás cidades, de onde son cada Club, ao igual que á súa bisbarra e provincia. Sentímonos orgullosos de levar o nome de Avilés, Asturias, Parada de Sil, Galicia e difundilo en todos os lugares onde compartiremos as nosas experiencias.

Programa:

  • Día 30 de julio
    • Encontro no aeroporto de Madrid tres horas antes da saída do voo. Saída do voo regular a Kashgar vía Bruselas, Pekín y Urumqi as 06:35h.
  • Día 31 de julio
    • Chegada a Urumqi ás 11:55h.
  • Día 1 de agosto
    • Saída do voo a Kashgar ás 08:25h. Chegada a Kashgar ás 10:15h. Resto do día reservado para a compra e o aluguer do material que non podemos levar dende aquí.
  • Día 2 de agosto
    • Traslado dende Kashgar ata a aldea de Subashi e dende ahí empezamos a camiñar ata o Campo Base.
  • Días 3 de agosto al 21 de agosto
    • Días destinados á aclimatación e ascensión á montaña.
  • Día 22 de agosto
    • Regreso a Kashgar.
  • Día 23 de agosto
    • Día libre en Kashgar.
  • Día 24 de agosto
    • Traslado ao aeroporto. Voo de regreso a Madrid vía Urumqui, Pekín e Bruxelas con saída ás 11:00h. Noite a bordo.
  • Día 25 de agosto
    • Chegada a Madrid ás 11:25h.

Integrantes da expedicciónMuztagh-Ata 2012

Carlos Fernandez

Amancio Fernandez

Jose MANUEL Pousa

Jose MANUEL Rodriguez

A expedición en principio estaba formada por 6 membros e por motivos laborables 2 déronse de baixa, ao seu pesar.

Os membros desta expedición teñen como primeiro obxectivo intentar o cumio do Muztagh-Ata.

Un dos lemas principais desta expedición é o CONXUNTO, é dicir, facer todo o posible, para que cada un dos membros que imos afrontar a ascensión, consiga o obxectivo final, primando sempre o grupo, ás individualidades, realizando todo o necesario para que de non poder todos os membros da expedición lograr cumio, polas circunstancias que sexan, teñamos unha persoa, polo menos, en retagarda para conseguir o obxectivo, todos e cada un dos que forman o equipo, intentasen e para iso o seu dedicación e adestramento, para poder facer cumio e así tanto o GMEA e o CMRS, poidan marcarse outros miras más específicas, como é a futura consecución de lograr un 8.000.

A seguinte é a dirección da páxina “WE” onde iremos dando informacións diarias sobre o desenvolvemento da expedición MUZTAGHATA, que comeza o día 29 de xullo. Espero que nos “acompañéis”.

Nuria e Jacobo, que por problemas do traballo, non poden vir connosco e tamén a axuda do “señor” Taibo, farán que o blog se axilice día a día. se tedes tempo este verán seguirnos. Xa nos queda pouco e estamos impacientes, un saludo.

Expedición MUZTAGHATA (páxina do Grupo de montaña Ensidesa Avilés).

Expedición ao Muztagh-ata (o relato).

Deja un comentario