Avisos legais

No presente Aviso Legal, o Usuario, poderá atopar toda a información relativa ás condicións legais que definen as relacións entre os usuarios e o responsable da páxina web accesible na dirección URL http://http://www.ribeirasacracm.org/ (en diante, O Sitio Web), que o Clube de Montaña Ribeira Sacra pon ao dispor dos usuarios da internet.

A utilización do sitio web implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal. En consecuencia, o usuario do Sitio Web debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar a web, xa que o texto podería sufrir modificacións a criterio do titular da web, ou por mor dun cambio lexislativo, xurisprudencial.

Indentificación e contacto do propietario da web

O Sitio Web é propiedade de Xosé Antón (en diante o Titular) con domicilio en Parada de Sil, e correo electrónico clube@ribeirasacracm.org.

O Titular é o responsable do Sitio Web e comprométese a cumprir con todos os requisitos nacionais e europeos que regulan o uso dos datos persoais dos usuarios.

Este Sitio Web garante a protección e confidencialidade dos datos persoais que nos proporcionen de acordo co disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos de Carácter Persoal (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, na Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, así como na Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico 34/2002 de 11 de Julio ( LSSI-CE)

Obxecto

O Sitio Web facilita aos usuarios do mesmo o acceso a información e servizos prestados para aquelas persoas ou organizacións interesadas nos mesmos.

O acceso e a utilización do Sitio Web atribúe a condición de usuario do Sitio Web (en diante, o “Usuario”) e implica a aceptación de todas as condicións incluídas neste Aviso Legal así como das súas modificacións. A prestación do servizo do Sitio Web ten unha duración limitada ao momento no que o Usuario se atope conectado ao Sitio Web ou a algún dos servizos que a través do mesmo facilítanse. Por tanto, o Usuario debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar o Sitio Web, xa que este e as súas condicións de uso recollidas no presente Aviso Legal poden sufrir modificacións.

Acceso e utilización do Sitio Web

O acceso e utilización do Sitio Web e de carácter gratuíto. O acceso á Sitio Web ten carácter gratuíto para os usuarios da mesma, salvo no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións fornecida polo provedor de acceso contratado polos usuarios.

Rexistro de usuarios. Con carácter xeral o acceso e utilización da web non esixe a previa subscrición ou rexistro dos usuarios da mesma.

Os usuarios garanten e responden, en calquera caso, da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados, e comprométense a mantelos debidamente actualizados. O usuario acepta proporcionar información completa e correcta no formulario de contacto ou subscrición.

En ningún caso solicitaranse do menor de idade datos relativos á situación profesional, económica ou á intimidade dos outros membros da familia, sen o consentimento destes. Se es menor de trece anos e accediches a este sitio web sen avisar aos teus pais non debes rexistrarche como usuario.

Nesta web respéctanse e coidan os datos persoais dos usuarios. Como usuario debes saber que os teus dereitos están garantidos.

Contidos da Web

O idioma utilizado polo Titular na web será o galego. O Titular non se responsabiliza da non comprensión ou entendemento do idioma do Sitio Web polo usuario, nin das súas consecuencias.

O Sitio Web poderá modificar os contidos sen aviso previo/previo aviso, así como suprimir, cambiar e a forma en que se accede a estes, sen xustificación algunha e libremente, non responsabilizándose das consecuencias que os mesmos poidan ocasionar aos usuarios.

Prohíbese o uso dos contidos do Sitio Web para promocionar, contratar ou divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen a autorización do Sitio Web, nin remitir publicidade ou información valéndose para iso dos servizos ou información que se poñen ao dispor dos usuarios, independentemente de se a utilización é gratuíta ou non.

As ligazóns ou hiperenlaces que incorporen terceiros nas súas páxinas web, dirixidos a este Sitio Web, serán para a apertura da páxina web completa, non podendo manifestar, directa ou indirectamente, indicacións falsas, inexactas ou confusas, nin incorrer en accións desleais ou ilícitas en contra do Sitio Web.

Normas comúns de uso da Web

O usuario comprométese a facer un uso da Web de acordo ás seguintes normas.

  • Non publicará comunicacións comerciais a través do Sitio Web.
  • Non recompilará contido ou información doutros usuarios.
  • Non cargará virus nin código malintencionado de ningún tipo.
  • Non solicitará información de inicio de sesión nin accederá a unha conta pertenecente a outro usuario.
  • Non molestará, intimidará nin acosará a ningún usuario.
  • Non realizará actos ilícitos, enganosos, malintencionados ou discriminatorios no Sitio Web, de acordo a estas condicións e ao ordenamento xurídico español.
  • Non fará nada que poida poñer en perigro a seguridade da súa conta, especialmente respecto do seu contrasinal. De feito, comunicará calquera incidencia relacionada co seu contrasinal, conta, vulneración da confidencialidade dos seus datos, perigro ou ameaza detectada na seguridade dos seus datos.

O Titular poderá eliminar calquera contido ou suspender o servizo se segundo o seu propio criterio, incumpre calquera das normas e obrigacións descritas neste Aviso Legal.

Para calquera consulta ou aclaración sobre estas normas comunitarias en particular ou estas condicións en particular, pode contactarnos vía email.

Medidas de Seguridade

Os datos persoais comunicados polo usuario poderán ser almacenados en bases de datos automatizadas ou non, cuxa titularidade corresponde en exclusiva ao Sitio Web, asumindo todas as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garantan a confidencialidade, integridade e calidade da información contida nas mesmas de acordo co establecido nas normativas vixentes en materia de protección de datos de carácter persoal.

Limitación de responsabilidade

Tanto o acceso á web como o uso non consentido que poida efectuarse da información contida na mesma é da exclusiva responsabilidade de quen o realiza. O Sitio Web non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse do devandito acceso ou uso. O Sitio Web non se fai responsable dos erros de seguridade, que se poidan producir nin dos danos que poidan causarse ao sistema informático do usuario (hardware e software), ou aos ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia de:

  • A presenza dun virus no computador do usuario que sexa utilizado para a conexión aos servizos e contidos da web.
  • Un mal funcionamento do navegador.
  • E/ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.

O Sitio Web non se fai responsable da fiabilidade e rapidez dos hiperenlaces que se incorporen na web para a apertura doutras. O Sitio Web non garante a utilidade destas ligazóns, nin se responsabiliza dos contidos ou servizos aos que poida acceder o usuario por medio destas ligazóns, nin do bo funcionamento destas webs.

O Sitio Web non será responsable dos virus ou demais programas informáticos que deterioren ou poidan deteriorar os sistemas ou equipos informáticos dos usuarios ao acceder á súa web ou outras webs ás que se accedeu mediante ligazóns desta web.

Emprego da tecnoloxía “cookie”

O Sitio Web pode empregar cookies ou tecnoloxías similares que se rexerán polo establecido na Política de Cookies, accesible en todo momento e respectando a confidencialidade e intimidade do usuario, sendo parte integrante do presente Aviso Legal.

Navegación

Os servidores da internet poden recoller datos non identificables, que poidan incluír, direccións IP, e outros datos que non poden ser utilizados para identificar o usuario. A súa dirección IP almacenarase nos logs de acceso de forma automática e coa única finalidade de permitir o tránsito por Internet, sendo necesario que o seu equipo facilite esta dirección IP cando navega por Internet para que as comunicacións poidan realizarse. Así mesmo, a dirección IP poderá ser utilizada para realizar estatísticas, de maneira anonimizada, sobre o número de visitantes desta web e a súa procedencia, de forma totalmente transparente á súa navegación.

Propiedade intelectual e Industrial

Os contidos da Web, por exemplo textos, imaxes, gráficos ou código fonte, están protexidos por dereitos de propiedade intelectual e industrial, vaixo licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.

Vostede é libre de:

  • Compartir – copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato.
  • Adaptar – remesturar, transformar e recrear sobre o material.

O licenciado non pode revogar estas libertades mentres vostede compra os termos da licenza.

Nos seguintes termos:

Sen restricións adicionais – Non pode aplicar termos legais ou medidas tecnolóxicas que legalmente impidan a outros facer algo que a licenza permite.

Notas

  • Non ten que cumplir coa licenza para os elementos do material que estean no dominio público ou cando o seu uso se permita mediante unha excepción ou limitación aplicábel.
  • Non se ofrece garantías. A licenza poid que non forneza todos os permisos necesarios para o uso pretendido. Por exemplo, outros dereitos como publicidade, privacidade, ou dereitos morais (intelectuais).

Privacidade

Se na Web solicitánse datos persoais, o Titular será responsable dos mesmos e trataraos con absoluta confindencialidade e seguridade. Poderá atopar máis información sobre nosa política de privacidade e política de cookies nas páxinas específicas de información sobre esta cuestión.

Lexislación aplicable, solución de cuestións controvertidas e foro competente

O uso da Web rexerase pola lexislación española.

Calquera controversia que xurda ou garde relación co uso do Sitio Web, será sometida á xurisdición non exclusiva dos Xulgados e Tribunais do municipio onde radica o domicilio social do Titular, salvo que a normativa en vigor ou o código de conducta estableza foro distinto