Domingo 13 de Setembro do 2009
CASTRO DE ABAIXO – RIBAS DO SIL – LUGO
(zona Augas Mestas)




A marcha parte da zona de Augamestas no río Sil, desde o pobo de Castro de Abaixo por un camiño que é o Camiño Sur ou de Inverno de Santiago pouco a pouco vai subindo entre hortas, lameiros, prados e soutos de castiñeiros ata chegar o pobo de Torbeo.
En o pobo de Torbeo e de destacar a súa igrexa románica, logo baixamos pasando pola Pena Tallada e contemplado o espectacular meandro do río Sil ata chegar o pobo de A Cubela, logo seguimos pegadiños o río Sil a veces a 2m. e vendo a desembocadura do río Lor, ata chegar a Castro de Abaixo e rematar.
Regulamento da marcha
- A actividade terá lugar o día 13 de Setembro do 2009 no Concello de ….
- Poderán participar só montañeiros federados, veteranos e acompañantes.
- As inscripcións efectuaranse na F.G.M., ou chamando o Clube de Montaña Ribeira Sacra antes do día 10 de Setembro.
- Os participantes serán respetuosos co entorno e medio natural, non deixando lixo nin residuos.
- A organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente.
- Os participantes deberán levar o material e prendas axeitadas para a actividade.
Programa:
- 10:00H. Recepción dos participantes no pobo de Castro de Abaixo.
- 10:15H. Saída da XXI Marcha Galega de Montañeiros Veteranos
- 15:00H. Xantar de confraternidade.
- 17:00H. Entrega de Agasallos e Clausura da Marcha.
XANTAR 12 € en Mesón Luís en Rairos
Menú:
- Entremeses
- Ensalada
- Churrasco
Que disfrutedes de esta rota, cunha paisaxe chea de contrates: Soutos, hortas, viñedos na ribeira do Sil, fronte a desembocadura do río Lor.
Espero contar con vos.
Espero contar con vos.