Regulamento Carreira XV

Regulamento:

  • Categorías Masculina e Feminina : Cadete, Xuvenil, Júnior e Absoluta
    – Sub categorías Masculino e Feminina: Promesa e Veterana A , B e C
    – Categoría Cadete: 15 e 16 anos, é dicir que non cumpra os 17 anos o ano de referencia
    – Categoría Xuvenil: 17 e 18 anos, é dicir que non cumpra os 19 anos o ano de referencia
    – Categoría Júnior: 19, e 20 anos, é dicir que non cumpra os 21 anos o ano de referencia
    – Categoría Absoluta: a partir dos 21 anos cumpridos o ano de referencia
    – Sub categoría Promesa: 21, 22 e 23 anos, é dicir que non cumpra os 24 anos o ano de referencia
    – Sub categoría Veterana A:
    – Masculina de 45 a 49 anos, é dicir que non cumpra os 50 anos o ano de referencia
    – Feminina de 40 a 49 anos, é dicir que non cumpra os 50 anos o ano de referencia
    – Sub categoría Veterana B:
    – Masculina e feminina de 50 a 59 anos, é dicir que non cumpra os 60 anos o ano de referencia
    – Sub categoría Veterana C:
    – Masculina e feminina a partir dos 60 anos cumpridos o ano de referencia
    A idade a ter en consideración para toda a tempada sera a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da competición

As Carreiras Canón do Sil rexerase polo regulamento de Carreras por Montaña da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada ( Consultar en WWW.fgmontanimo.comConsultar en WWW.fedme.es) E AS SEGUINTES NORMAS:

  1. O Corredor indentificarase na recollida do dorsal
  2. Na XV Carreira non poden participar menores de 24 anos
  3. Na XI Media Carreira non poden participar menores de 18 anos
  4. Na V Mini Carreira e Cadete non poden participar menores de 15 anos
  5. Será motivo de descalificación:
    • Non pasar por tódolos controles.
    • Recibir axuda externa foras dos lugares autorizados( ata uns 100m nos avituallamentos )
    • Ensuciar e degradar o itinerario ( é obrigación de cada corredor levar os seus desperdicios e deixalos nos lugares sinalizados pola organización).
    • O dorsal levarase visible durante toda proba, no peito.
    • Non prestar auxilio a calquera participante que sufra algún accidente e informar o control máis preto.
    • Non se pode obstacularizar voluntariamente a outro corredor.
    • Os participantes obedecerán as instruccións dos membros dos controis.
  6. É obrigatorio avisar o control ou a un membro da organización do abandono e entregar o dorsal.
  7. O mal tempo non é obstáculo para a celebración da proba . A organización reservase o dereito de presentar un recorrido alternativo.
  8. A organización prevé uns tempos de paso e corte en determinados controis e un tempo máximo da proba de 6,00 horas. O corredor que non chegue antes das 13.00 h a o control número 5, seralle retirado o dorsal e quedará descalificado.
  9. O final da proba pode haber control antidoping.
  10. Os participantes eximen a organización de calquera responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
  11. Todo corredor debe coñecer e respectar o regulamento da proba. A inscrición implica o cumprimento deste Regulamento.
  12. Os corredores deberán ter as condicións físicas requeridas para a distancia e a dureza do itinerario.Levará a indumentaria e calzado para a proba.