3,3 Km.
Dificultade baixa
Ver Rota dos Miradoiros en un mapa más grande
Saímos da praza do Barquilleiro de Parada pola variante do PR-G 98.1 para coller o camiño de Fondodevila, despois do forno-sequeiro e da fonte, e xa o PR-G 98 collemos á esquerda o camiño de Cudicán , que entre soutos de castiñeiros nos leva Os Torgas.
Bordeando pola dereita o campo de fútbol, temos O Pozo do Lobo (trampa) os Miradoiros de O Curral do Penso, Os Balcóns dos Mouros ou de Madrid.
Seguimos para logo coller á dereita unha pista ata un indicador : PARADA 800 m. Onde abandoamos o PR-G 98, Seguimos este camiño e antes de rematar, pola esquerda subimos por unha «Carrioza» que nos leva a estrada e xa vemos Parada.
NOTA: esta rota ampliarase máis adiante cando esten acondicionados os miradoiros de O Fental e As Fontiñas.