o clube

 

CLUBE DE MONTAÑA RIBEIRA SACRA
PARADA DE SIL - OURENSE

Descenso rio Mao

A idea de formar un clube de montaña xurdiu no verán de 1996 entre un pequeno grupo de amigos, non todos de Parada de Sil, despois de descender o Barranco do Río Mao (levaba pouca auga), pasando dificultades e ser uns atrevidos, esta experiencia motivounos a coller interese por todo o relacionado co montañismo e sobre todo polo que tíñamos no noso concello de Parada de Sil o centro da Ribeira Sacra e do Canón do Sil, cunhas grandes posibilidades de facer: Sendeirismo, Escalada e Barranquismo e dar a coñecer toda esta paisaxe, a veces un pouco salvaxe. Decidimos que a mellor forma era fundar un clube de montañismo.

Despois de tódolos tramites oficiais o día 15 de Xaneiro de 1997 xa estaba legalizado e comezamos o ano facendo pequenas actividades. O principio fomos poucos.

No Outubro fixemos a primeira saída a Asturias. O ano seguinte asistimos a primeira actividade da Federación, eramos 5, foi nos Ancares, en Becerreá, na Serra de Calamouco, foi o primeiro contacto con montañeiros de Galiza e xa nos metemos nese mundo do montañismo cos primeiros intercambios con membros de outros clubes, foi moi positiva, xa que nos, non tiñamos experiencia na montaña

Logo foron as saídas internacionais. E xa empezamos a afianzarnos no montañismo Organizamos probas Autonómicas na nosa zona para dala a coñecer :

Palencia Trevinca

 

Éxitos dos Socios:

Internacional
  • Leopardo das Neves
  • Aconcagua
  • Toubkal (Marrocos)
  • Mont Blanc
  • Galdoppigen e Glitterting (Noruega)
  • Travesía en Torres de Paine (Chile)
  • Travesía Camiño Real Inca (Perú)
  • Chirrido (Costa Rica)
  • Chacaltaya (Bolivia
  • Tunupac (Bolivia)
Nacional
  • Diversas cimas de Picos de Europa entre eles:
    • Picu Urriellu (Narajo de Blunes)
    • Tesorero - Torre Bermeja
    • Peña Vieja - Santa Ana
    • Horcados Rojos
  • Montes de Palencia:
    • Murcia, Espiguete Curavacas
  • Montes Leoneses:
    • Peña Ubiña, Cerreos, Prau del Montan, Ubiña Pequeño
  • Canarias:
    • Teide
  • Pirineos:
    • Aneto, Monte Perdido
  • Sierra Morena:
    • Mulhacén, Veleta

E SEGUIREMOS SUMANDO.

 

Premios:

reconocimiento
clube

Clube de Montaña Ribeira Sacra
Todos os dereitos reservados, Febrero 2008

 

Valid XHTML 1.0 Strict ˇCSS Válido!