Actividades
| Organiza | Patrocina | |
| Clube Montaña Ribeira Sacra |
Federacion Galega de Montañismo |
|
![]() |
|
A marcha parte do pobo de A Mogainza (Montederramo) ata adentrarnos no " Bidueiral de Montederramo" situado entre a Ribeira Sacra e o Macizo Central-Manzaneda, é unha fraga espectacular que garda especies autóctonas - bidueiros, carballos, acivros, cancereixos, piñeiros silvestres, arandeiras- e unha moi variada fauna: corzos, xavaríns, perdices, gabiáns, aguias,azores, mouchos, bufos, ...
Chama moito a disfrutar das diferentes tonalidades de colores dos reflexos da luz nas arbores. Logo baixamos os pobos do concello de Chandrexa de Queixa abandonados de O Teixedo e A Ferrería, o camiño de carro que os unía, xa esta cego (unha pena), e seguimos o par do río Quiexa ata Santa Cruz onde rematan os 17,7Km. do percorrido

XANTAR 12 € en Restaurante Gerardo en Celeiros (Chandrexa de Queixa)
Menú:

Si queredes podedes baixar o tríptico da marcha, a traza gpx y a traza kmz.
Que disfrutedes de esta rota, cunha paisaxe moi diferente e chea de contrastes:
Espero contar con vos.
Clube de Montaña Ribeira Sacra
Todos os dereitos reservados, Agosto 2010