actividades

XXI Marcha Galega de Montañeiros Veteranos

Domingo 13 de Setembro do 2009
CASTRO DE ABAIXO - RIBAS DO SIL - LUGO
(zona Augas Mestas)

 

Cubela
Organiza Patrocina Colabora
Clube Montaña
Ribeira Sacra
Federacion Galega
de Montañismo
Concello de
Ribas do Sil
Clube de Montaña Ribeira Sacra Federacion Galega de Montañismo Concello de Ribas do Sil
Cubela Cubela

A marcha parte da zona de Augamestas no río Sil, desde o pobo de Castro de Abaixo por un camiño que é o Camiño Sur ou de Inverno de Santiago pouco a pouco vai subindo entre hortas, lameiros, prados e soutos de castiñeiros ata chegar o pobo de Torbeo.

Cubela Cubela

En o pobo de Torbeo e de destacar a súa igrexa románica, logo baixamos pasando pola Pena Tallada e contemplado o espectacular meandro do río Sil ata chegar o pobo de A Cubela, logo seguimos pegadiños o río Sil a veces a 2m. e vendo a desembocadura do río Lor, ata chegar a Castro de Abaixo e rematar.

Cubela Cubela

O percorrido da Marcha de baixa dificultade, 14,7 Km. Saída de Castro de Abaixo e polo Camiño Sur ou de Inverno de Santiago pasando polo pobo de Torbeo chegamos A Cubela onde por un sendeiro pegado o río Sil voltamos a Castro de Abaixo onde Remata.

Grafica
Cubela Cubela

Regulamento da marcha

  1. A actividade terá lugar o día 13 de Setembro do 2009 no Concello de ....
  2. Poderán participar só montañeiros federados, veteranos e acompañantes.
  3. As inscripcións efectuaranse na F.G.M., ou chamando o Clube de Montaña Ribeira Sacra antes do día 10 de Setembro.
  4. Os participantes serán respetuosos co entorno e medio natural, non deixando lixo nin residuos.
  5. A organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente.
  6. Os participantes deberán levar o material e prendas axeitadas para a actividade.
Cubela Cubela

Programa:

  • 10:00H. Recepción dos participantes no pobo de Castro de Abaixo.
  • 10:15H. Saída da XXI Marcha Galega de Montañeiros Veteranos
  • 15:00H. Xantar de confraternidade.
  • 17:00H. Entrega de Agasallos e Clausura da Marcha.

XANTAR 12 € en Mesón Luís en Rairos

Menú:

  • Entremeses
  • Ensalada
  • Churrasco

 

Si queredes podedes baixar o tríptico da marcha.

Cubela Cubela Cubela Cubela Cubela Cubela Cubela Cubela Cubela Cubela Cubela Cubela

 

Que disfrutedes de esta rota, cunha paisaxe chea de contrates: Soutos, hortas, viñedos na ribeira do Sil, fronte a desembocadura do río Lor.
Espero contar con vos.

clube

Clube de Montaña Ribeira Sacra
Todos os dereitos reservados, Febrero 2008

 

Valid XHTML 1.0 Strict ¡CSS Válido!