Actividades

XX Marcha Galega
de Montañeiros Veteranos

14 Setembro de 2008
Val do Mao
"Parada de Sil"

 

Organiza: Patrocina: Colabora:
Clube Montaña
Ribeira Sacra
Federacion Galega
de Montañismo
Concello de
Parada de Sil
Clube de Montaña Ribeira Sacra Federacion Galega de Montañismo Concello de Parada de Sil

 

A Marcha será por o Val do Río Mao no Concello de Parada de Sil

A paisaxe é sorprendete con fortes contrastes como o entorno dos pobos da ribeira.

E no medio deles A Canle Vella do Mao (no mesmo canón do Mao) co seu encoro e a carga para a Fábrica da Luz de Barxacova datada no 1917 o seu trazado nos leva por toda unha fraga con soutos de castiñeiros e carballeiras, fervenzas, e grandes moles de pedra. Unhas vistas impresionantes, como un pequeno Cares.

O percorrido da marcha: Saída do pobo de Endrada e sempre por camiños de carro pasaremos por os pobos de montaña de Verengo, Forcas e por un camiño chegaremos a Ponte Medieval de Conceliños logo seguimos paralelos a Canle Nova ata o sendeiro que nos leva o muiño e o encoro para seguir pola Canle Vella ata a carga onde baixamos a tumbas antopromorfas e chegamos o pobo da ribeira San Lourenzo e logo Bouzas onde remata a marcha.

Regulamento da marcha

  1. A actividade terá lugar o día 14 de Setembro do 2008 no Concello de Parada deSil.
  2. Poderán participar só montañeiros federados, veteranos e acompañantes.
  3. As inscripcións efectuaranse na F.G.M., ou chamando o Clube de Montaña Ribeira Sacra antes do día 11 de Setembro.
  4. Os participantes serán respetuosos co entorno e medio natural, non deixando lixo nin residuos.
  5. A organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente.
  6. Os participantes deberán levar o material e prendas axeitadas para a actividade.

Programa:

 

Menú:

Precio menú 10€

 

Si queredes baixar o tríptico da marcha facede clic aqui.

 

Pequena galeria dos lugares por onde transcorre a marcha:

 

Canlevella Canlevella Canlevella Canlevella Fervenza Poza Negra Encoro de Hedrada Fervenza Poza Negra San Lourenzo Forcas

 

clube

Clube de Montaña Ribeira Sacra
Todos os dereitos reservados, Agosto 2008

 

Valid XHTML 1.0 Strict ˇCSS Válido!