Actividades
| Colabora | Organiza | Patrocina |
![]() |
![]() |
|
| Parada de Sil | Clube Montaña Ribeira Sacra |
Federacion Galega de Montañismo |
A marcha será pola montaña e ribeira do concello de Parada de Sil – Ourense. Saímos da vella escola de Vilar, pola montaña pasamos polo pobo de Senra ata a carga do canal novo, logo baixamos a carga do canal vello para pasar polas tumbas de "San Vitorio", pobo de San Lourenzo, baixaremos polas viñas ata a Fábrica da Luz, - futuro centro de interpretación-.
Pasaremos por unha larga e espectacular pasarela para contemplar o final do canón do Mao, xa pegados o río subimos o pobo de Barxacova, logo facemos unha travesía entre viñas, hortas, castiñeiros, árbores frutais, a veces pegadiños o Sil, e os pobos da ribeira: A Costrela, A Barxa, San Fiz, Calvos, Santo Andre, A Pena, Chandrexa ata Entrambosrios zona de soutos de castiñeiros centenarios e empezamos a subir entre carballeiras ata Os Fios logo Espiñas para rematar 21,6Km.
Un percorrido con moitas e moi boas vistas, un regalo para a nosa vista e para disfrutar dunhas paisaxe de moitos contrastes.

Prezo:5€
Os participantes da MARCHA entregaráselle unha cerámica popular de Niñodaguia

Si queredes podedes baixar o tríptico da marcha, a traza gpx y a traza kml.
Que disfrutedes de esta rota, cunha paisaxe moi diferente e chea de contrastes:
Espero contar con vos.
Clube de Montaña Ribeira Sacra
Todos os dereitos reservados, Abril 2011